¿COMO SABER SE EXISTE UN PROBLEMA CO ALCOHOL ?

 

É moi sinxelo saber se vostede ou alguen cercano a vostede ten un problema co alcohol, soamente deteñase a contestar sinceiramente as preguntas dun dos cuestionarios máis estendidos sobre alcoholismo , o CAGE

  • ¿Pensou algunha vez que debía diminuir o alcohol que consume, ou que bebe demasiado?
  • ¿Molestoulle que laguen lle recriminara polo seu xeito de beber?
  • ¿sentiuse algunha vez culpable despois de consumir alcohol?
  • ¿Tomou alcohol algunha vez pola maña para tranquiliza-los nervos ou para desfacerse dos efectos negativos despois dunha borracheira?

•  Se contestou SI a algunha destas preguntas poida que exista un problema co alcohol.

•  Se contestou SI a dúas ou máis é moi probable que estea ante un problema de alcoholismo.

En calquera destes dous casos o aconsellable é que vostede se dirixa o seu médico de atención primaria, e discuta este tema con el ou ela, eles saberán aconsella-lo e ofertarlle as medidas máis pertinentes para actuar fronte ó seu problema. É aconsellable asemade, achegarse a un grupo de terapia e deshabituación alcohólica, xa que o tratamento desta patoloxía require da intervención médica farmacológica, combinada con intervencións psicolóxicas.